Asina

RECUPERAR O BARRIO DO CURA!!

RECUPERAR O BARRIO DO CURA!!

O Barrio do Cura é unha valiosísima peza abandonada de patrimonio natural, cultural e histórico para quen o Concello, canda a Xunta, aprobou un proceso especulativo que:

-Altera e destrúe moitos dos elementos do noso Patrimonio Cultural e Natural.
-Condensa o tráfico en prexuízo do espazo de lecer e miradoiro de ría (novo vial entre Elduayen e Torrecedeira, que non respecta o paso natural).
-Esgana totalmente o pequeno comercio da zona: Novo centro comercial (12.000m2).
-Despraza e desarraiga ás persoas que habitan nesa zona.

RECUPERAR O BARRIO DO CURA É UNHA PRIORIDADE!
-Unha oportunidade de conectar barrios e xerar un pulmón verde no centro.
-Unha identidade conxunta de patrimonio natural, cultural e histórico.
-Un lugar máis onde recuperar a vida e a cohesión social de barrio.
-Un espazo de economía sostible: pequeno comercio e consumo responsable.
-Un punto de encontro de espazos libres e dotacións públicas de calidade.
-Un modelo de conservar e rehabilitar espazos, edificacións e bens culturais.
-Un conxunto de vivendas en sintonía co tecido urbano e as necesidades sociais actuais.
-Un modelo que aposte polas persoas, a memoria, os dereitos e a dignidade!!

RECUPERAR OS BARRIOS!!

Asinando a folla adhíreste tamén a esta carta que desenvolve estes puntos. Esa será a carta que se empregará coas autoridades.

Marcando o cadro gris outorgas o consentimento para que os teus datos persoais se insiran automatizadamente nun ficheiro confidencial da Asociación Cultural Abarlovento que se empregará para enviarche información sobre esta e outras campañas, iniciativas e accións de Ecoar))). Poderás exercitar os dereitos de acceso, rectificación e cancelación recoñecidos na Lei 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, mediante escrito dirixido a: Asociación Cultural Abarlovento, R/ Doutor Marañón, 6, 1ºA, 36211, Vigo, Pontevedra (Ref. Protección de Datos).

[signature]

264 signatures

Comparte:

   

[signaturelist id=”1″]